1 de Maio. DÍA DO/a TRABALLADOR/a

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde o Concello de Mos queremos render neste Primeiro de Maio, Día do Traballador/a, unha merecida homenaxe a todos/as os/as traballadores/as municipais.

Polo seu labor diario de anos e sobre todo polo especial esforzo e entrega nesta crise do COVID-19. Están a ser un exemplo de máxima colaboración a prol da veciñanza mosense e por iso hoxe queremos agradecerllo con este pequeno xesto.

GRAZAS POR FACER MOS, GRAZAS POR SER MOS. NO DÍA DO TRABALLO… SOMOSMOS E XUNTOS SAIREMOS.