11 escolares mosenses participan na iniciativa AproveiteMos o Verán

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Trátase dun proxecto que pretende loitar contra o abandono escolar no municipio e que logrou ser emprendido gracias a unha axuda da Xunta

 

 

O pasado día 4 de xullo 11 alumnos e alumnas de centros educativos mosenses iniciaron un proxecto pioneiro nesta localidade que, baixo o título de AproveiteMos o Verán, pretende fomentar a reducción do abadono escolar entre a población estudiante de Mos. Dende a concellería de Educación mosense que dirixe a edil Kely Monzón presentouse na Xunta de Galicia o programa, para o que lle foi finalmente concedida unha subvención coa que financialo e gracias á cal se está a levar a cabo actualmente.

 

O programa AproveiteMos o Verán consiste en talleres de recuperación do alumnado de secundaria que presenta malos resultados académicos ou desmotivación para o estudo. As actividades destes obradoiros contan con Coaching educativo e intelixencia emocional e coa implantación dun Programa Escolar & Coaching para os pais. AproveitaMos o Verán é un programa para o fomento da motivación cara á actividade do estudo e o uso axeitado das técnicas que permiten acadar o éxito académico.

 

Este programa vai dirixido ao alumnado de 3º e 4º curso da etapa da Educación Secundaria Obrigatoria (escolarizados nestes niveis no curso académico 2012/2013), ou a aquel que curse algún Programa de Cualificación Profesional Inicial, e que este preferentemente empadroado no Concello de Mos.

 

O programa levarase a cabo en 15 sesións, de 90 minutos cada unha, ao longo dos meses de xullo e agosto. Estas sesións teñen lugar dende o 4 de xullo, e ata o 29 de agosto, os martes e xoves en  horario de mañá, de 10:00 a 11:30 h. A actividade desenvólvese nas aulas do Auditorio Multiusos As Pozas do Concello de Mos e é totalmente gratuíta.

 

Outras liñas de loita contra o abandono escolar

 

Dentro da axuda concedida pola Xunta de Galicia ó Concello de Mos, tamén se emprenderon outras liñas de loita contra o abandono escolar, ademais da iniciativa mencionada, AproveiteMos o Verán. Todas elas se atopan englobadas no programa da concellería mosense de Educación e Participación Cidadá, denominado ApoiáMoste.

 

A orde reguladora das axudas para o desenvolvemento de programas dirixidos á reducción do abandono escolar, nos concellos de Galicia para o ano 2013, ten por finalidade favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen unha formación integral ao alumnado e, ao mesmo tempo, promover o esforzo compartido de toda a comunidade educativa na busca do éxito escolar e na reducción do abandono temperán dos estudos por parte da poboación xove.

 

O programa ApoiáMoste ten por obxecto de minimizar o impacto dos factores que inciden no abandono do sistema educativo por parte do alumnado mosense e favorecer o desenvolvemento de programas de segunda oportunidade, orientados á reincorporación dos xoves, con actividade laboral ou sin ela, que abandonaron a súa formación sen cualificación nin titulación.

 

Trátase dun programa para fomentar a reactivación da actitude positiva cara o estudio e a formación e o emprego, a través da motivación, a escoita e a valoración de intereses.

 

O punto central deste programa é o mantemento e consolidación da oficina de información e asesoramento educativo creada ao inicio do curso escolar vixente, e o obxectivo central e poder ofrecer un punto de atención personalizada tanto a comunidade educativa, como as familias e os xoves que non posúen ningún tipo de formación regrada e que queren retomar os seus estudios e/ou poder acceder a formación ocupacional.

 

Este servizo quere ofrecer información sobre procedementos de escolarización do alumnado, a oferta formativa da zona, a proba libre para a obtención do Graduado en Educación Secundaria, educación de adultos, programas de integración, exames de acceso os ciclos formativos, orientación vocacional, becas, axudas e subvencións, estudios no estranxeiro, motivación e técnicas de estudio, formación non regrada e recoñecemento das competencias profesionais a través da experiencia profesional

 

Dende esta oficina, xiran as actividades a desenvolver que están enfocadas en tres programas diferentes pero interrelacionados entre sí, como son o punto EducaMos, o programa AproveitaMos o Verán e o proxecto Fórmate en Mos. O punto EducaMos é un punto de información dirixido prioritariamente tanto os/as alumnos /as da 3º e 4º da ESO e PCPI, como aqueles alumnos que abandonaran os seus estudios. Así como a población estudiantil en xeral e os pais, nais e titores e profesorado destes alumnos. Neste punto realizanse actividades coma talleres de orientación educativa-vocacional e saídas profesionais e titorizacións individuais educativo-laborais

 

Por último, o proxecto Fórmate en Mos baséase no desenvolvemento de actividades de formación non regulada que favorezan a reincorporación de xoves ao sistema educativo; e na participación en accións formativas de cualificación profesional de nivel 1 do catálogo nacional das cualificacións profesionais.