13ª reunión da Comisión de Seguemento do COVID-19 en Mos na que SE DEU CONTA DO OPERATIVO E PROTOCOLO DE CARA AOS VINDEIROS COMICIOS AUTONÓMICOS

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Hoxe xoves 28 de maio ás 10.00 horas celebrouse por videoconferencia a 13ª reunión da Comisión de Seguemento do COVID-19 en Mos na que SE DEU CONTA DO OPERATIVO E PROTOCOLO DE CARA AOS VINDEIROS COMICIOS AUTONÓMICOS. Desde a Xunta de Galicia xa se puxeron en contacto co Concello de Mos para coordinar este operativo e nomear un responsable do mesmo e persoa de contacto para a administración autonómica, que neste caso tratarase da Técnico de Persoal, Recursos Humanos e Prevención de Riscos Laborais, Tatiana Iglesias. A elaboración do protocolo a seguir o día das eleccións autonómicas comezará coa visita da Técnico a todos os colexios electorais para facer unha revisión en persoa e en profundidade de todos os locais, comprobrar que contan con espazo suficiente… etc.

 

Tamén se fixo, como en cada Comisión de Seguemento, un repaso das actuacións levadas a cabo durante a última semana por departamentos:

BENESTAR SOCIAL:

  • NOVA REORGANIZACIÓN DA ATENCIÓN PRESENCIAL DEBIDO A:
    • A Xunta de Galicia abriu o prazo para as pensións non contributivas.
    • Polo que teñen que atender a máis de 60 persoas antes do vindeiro mes de xuño.
    • De xeito que ampliouse 2 días máis a atención presencial ao público.
  • SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR SAF:
    • 107 usuarios activos
    • 17 suspendidos temporalmente pola crise sanitaria do COVID-19
    • Esta semana deuse 1 nova alta
    • E 2 incrementos de horas
    • E 2 novas altas do SAF Temporal Extraordinario habilitado pola Xunta de Galicia pola crise do COVID
  • INCIDENCIAS: 9
  • TRÁMITES VARIOS: solicitudes de alimentos de Mos Axuda, RISGAs, emerxencias sociais, dependencia
  • DERIVACIÓNS: 7
  • TRAMITACIÓN AXUDAS FAMILIARES: 12
  • TRAMITACIÓN SOLICITUDES DE DISCAPACIDADE: 6
  • INTERVENCIÓN FAMILIAR: 7
  • SOLICITUDE DE INFORMACIÓN SOBRE RESPIROS FAMILIARES: 8 solicitudes e 2 tramitacións
  • Publicación en Facebook das axudas da Xunta para aluguer e compra de electrodomésticos.
  • Valoración da posible reanudación do Servizo de Atención Temperá durante a próxima comisión de seguemento que se celebrará o vindeiro xoves ás 10h
  • Valoración do interese de solicitar subvencións da Xunta para:
    • Implementar os Servizos Sociais Comunitarios
    • Axudas de Emerxencia Social autonómicas
    • Reforzo do apoio escolar ás familias.
  • Alimentos Mos Axuda nova entrega en xuño:
    • Existe a posibilidade de que a Cruz Vermella faga unha nova aportación en xuño por iso se vai esperar á confirmación para, de ser así, xuntala coas doazóns logradas a través da campaña de AEMOS e entregalos todos xuntos o mesmo día.
  • Mascarillas para as familias usuarias de Servizos Sociais: chegaron onte, atópanse na nave de Emerxencias e Protección Civil de Mos na Veigadaña, e a partir desta semana comezan a recollelas.

PERSOAL:

  • Onte abriu a cafetería do CC Abrente e a Técnico de Persoal e a Policía supervisaron as instalacións.
  • 23 persoas están traballando no operativo do departamento de Vías e Obras.
  • O material que había pendente está case todo recibido.
  • Á espera dun pedido de mascarillas lavables para o persoal municipal.
  • Instaláronse mamparas protectoras novas en Urbanismo.
  • Instaláronse grifos automáticos con sensor no Concello.
  • Os monitores deportivos pediron unha reunión coa técnico de Persoal para plantexar ideas novas a levar a cabo de cara a setembro. Celebrarase o vindeiro luns ás 10h coa presenza tamén da concelleira de Deportes, Begoña Toucedo.
  • Estanse tramitando varias prazas sobre as que se espera poder ter marcadas e publicar a semana que ven as datas de exame:
    • Traballadora Social
    • Conductor Obras
    • Educadora Social
  • A empresa de Prevención de Riscos Laborais, Cualtis, está realizando entre o persoal municipal un cuestionario para detectar posibles traballadores/as sensibles ante o virus do COVID-19.

VÍAS E OBRAS E SERVIZOS DE MANTEMENTO DO ENTORNO RURAL E URBANO:

  • 4 equipos de operarios/as desbrozando en distintas parroquias.
  • Continúan os labores de desinfección.
  • Estanse realizando tamén certos traballos urxentes nas Escolas Infantís de Mos.

SERVIZO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS E PROTECCIÓN CIVIL DE MOS:

  • Continúan as desinfeccións en:
    • Base 061
    • Base Ambulancias
    • Residencias de Maiores
    • Centro das Escravas da Virxe Dolorosa
  • Realizaron xestións de axuda ao IES de Mos
  • Asistencia en accidentes de tráfico
  • Esta noite cortaron e retiraron un árbol caído
  • A partir do 1 de xuño contratación:
    • Brigada Anti Incendios
    • Conductores Motobomba
    • Polo que estánse preparando as bases para os procesos de selección

PUNTO LIMPO: en 1 semana recibiu máis afluencia que en varios meses xuntos

NOVO PROGRAMA VIVE MOS NAS REDES:

  • Comezou o pasado luns
  • O luns publicouse contido para maiores
  • O martes contido do CIM
  • Onte mércores contido deportivo para maiores
  • Hoxe de Tempo de Lecer
  • E mañá para nenos/as
  • A partir do 6 de xuño interromperase con motivo da programación especial on line da Festa da Rosa

PROGRAMACIÓN FESTA DA ROSA 2020:

  • Comeza xusto cando remata o loito oficial nacional.
  • O propio día 13 de xuño a programación incluirá unha serie de actos especiais.
  • Haberá actividades nas redes sociais do Concello todos os días.
  • Será unha festividade diferente, on line, dadas as circunstancias.

PANTALLAS DE PROTECCIÓN INFANTIL:

  • O reparto finalizou o pasado martes.
  • As persoas pendentes de recoller as súas poden facelo no Multiusos calquera día de luns a venres en horario de 10 a 13h

REUNIÓN PRESENCIAL COA UNIÓN DEPORTIVA MOS:

  • A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse presencialmente coa U.D. Mos para tratar sobre a subvención ao clube deportivo do presente ano 2020 e sobre o ascenso do Equipo Feminino a Primeira Nacional.

ESTA TARDE celebraranse 2 reunións telemáticas:

  • Mesa do Camiño ás 18h contando coa presencia da Xunta de Galicia.
  • Coa organización do Festival Intercéltico O Son do Pazo ás 20h

O CENTRO CULTURAL E SOCIAL DE HERVILLE pediu asesotramento técnico municipal para reabrir a súa cafetería.

O Concello está a traballar e valorar as directrices municipais e postura que se tomará respecto das FOGUEIRAS DE SAN XOAN.