14 Edición da Xuntanza de Palilleir@s

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Xa non queda nada para a 14 Edición da Xuntanza de Palilleir@s que cada ano, con motivo da #festadarosa, organiza a Asociación de Palilleiras de Mos.
Será o vindeiro sábado, 18 de xuño, en Costoias, parroquia de Tameiga, e xa hai 450 palilleir@s inscrit@s de todo o territorio galego e incluso nacional.
Non a perdades! Será, como sempre, todo un espectáculo de artesanía, bo gusto, bo facer, beleza, moda, compañeirismo e intercambio cultural.
SOMOS ENCAIXE DE BOLILLOS! SOMOSMOS!!!