150 nenos de toda Galicia participaron no IV Trofeo de Mini BTT Concello de Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebrouse o sábado no Parque das Pedriñas, parroquia de Tameiga

O pasado sábado, día 22 de setembro, celebrouse no Parque das Pedriñas, parroquia de Tameiga, o IV Trofeo de Mini BTT Concello de Mos. A proba organizouse en colaboración entre a Fundación Óscar Pereiro e o Concello de Mos.

Trátase dunha proba incluída no calendario galego desta modalidade, na que participaron un total de 150 nenos e nenas pertencentes ás diferentes escolas de Mini BTT de Galicia e con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos, isto é, das categorías de Prebenxamíns, Promesas, Principiantes, Alevíns e Infantís (de menor a maior idade).

Os vencedores desta proba nas diferentes categorías foron: Brais Sestelo López do C.C. Marín en Prebenxamíns Masculino, Candela Rodríguez Posada do C.C. Coruxo en Prebenxamíns Feminino, Xurxo Pérez Diéguez da Fundación Óscar Pereiro en Promesas Masculino, Laura García Escudero do Monteferro Bike Club en Promesas Feminino, Jorge Fernández Lorenzo do Monteferro Bike Club en Principiantes Masculino, Aída González Parente do Maceda C.C. en Principiantes Feminino, Roi Domínguez García da Fundación Óscar Pereiro en Alevíns Masculino, Marta Vila Giráldez do Monteferro Bike Club en Alevíns Feminino, Iván Feijoo Alberte do Maceda C.C. en Infantís Masculino e Sara Trigo Castro da Fundación Óscar Pereiro en Infantís Feminino.

Os encargados de entregar as medallas e trofeos ós premiados de tódalas categorías foron o concelleiro de Formación e Emprego e tenente alcalde mosense, Óscar Soto, a concelleira de Participación Cidadá e Educación, Kely Monzón, e o edil de Vías e Obras do Concello de Mos, Alberto Méndez.