18 maiores mosenses acompañados por varios monitores percorreron hoxe o Paseo do Louro

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A saída tivo lugar ás 10.00 horas dende o Parque da Pesqueira, na parroquia de Mos

Dende a concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón organizouse unha saída polo Sendeiro Ecolóxico do Río Louro dirixida ós maiores mosenses que se realizou esta mañá. Os 18 participantes estiveron acompañados por varios monitores ademais de polos edís Kely Monzón e Isidoro Táboas, este último concelleiro delegado de Deportes.
A excursión polo Paseo do Louro constou de dúas saídas, unha ás 10.00 horas da mañá dende o Parque da Pesqueira, parroquia de Mos, e outra ás 12.00 horas dende o mesmo punto; ambas cunha duración de hora e media aproximadamente.
O obxectivo principal desta actividade é que os participantes na mesmateñan experiencias de lecer que favorezan o encontro cos seus veciños da mesma idade durante a realización de actividades en grupo nas que interactúen uns cos outros. Outra das finalidades é que coñezan a flora e a fauna existente na zona do río que pasa polo municipio de Mos; para isto, contouse co acompañamento dun guía do Concello e outros dous monitores que foron explicando os distintos elementos naturais que se van atopando polo camiño.
O Sendeiro Ecolóxico do Louro verase próximamente optimizado gracias á realización da obra de rehabilitación do paseo e de encauzamento do río que será financiada nun 80% pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, mentres que o 20% restante será asumido pola Deputación de Pontevedra.