20 de maio, DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS.

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Para crear conciencia sobre a importancia dos polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución ao desenvolvemento sostible, as Nacións Unidas declararon o 20 de maio como Día Mundial das Abellas.

Desde o Concello de Mos conmemoramos este Día das Abellas continuando coa campaña de loita contra a Vespa Velutina, un dos maiores enimigos das abellas. A erradicación desta especie invasora é clave para a supervivencia das nosas abellas.

Grazas Servizo Municipal de Emerxencias de Mos polo labor que levades anos facendo e así continuades, como se pode ver nas imaxes, eliminado niños de velutina, entre outras tarefas relacionadas con esta importante campaña a nivel medioambiental.