20 usuarios do Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos especializáronse na busca activa de emprego da man de profesionais de recursos humanos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Esta é a sexta edición do programa Mos 3.0., iniciado no ano 2014-15, pero anteriormente houbo outros dous programas integrados. En todos eles acadouse o obxectivo de inserción comprometido (45%), o cal se elevou con creces a maioría dos anos, chegando a entre un 70% – 80%

O pasado mes de marzo foi moi especial para o Programa Integrado de Emprego promovido polo Concello de Mos desde a concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego que dirixe a edil Julia Loureiro. Un grupo de 20 persoas participou nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos nunha formación práctica de técnicas de busca activa de emprego impartida pola consultora Quick Up.

 

Durante varios días, responsables de recursos humanos de diversas empresas e sectores desvelaron as claves dos procesos de selección das súas empresas ao tempo que aplicaron probas de selección e entrevistan aos participantes.

 

Os/as 20 alumnos/as participantes tiveron a sorte de contar co asesoramento e coñecementos de Fernando Clemente e José Barco – Consultora Quick Up, Jorge Sieiro – Partenon, Raquel Docampo – Nexian ETT, Cristina Vázquez – Magna Automoción, e Marta Montenegro – Iberconsa.

 

O programa impartido durante esta acción formativa estivo composto por 4 temas: o recrutamento, onde buscar, as probas de selección e a entrevista.

 

Os participantes realizaron entrevistas nos roles de entrevistados e entrevistadores. Durante a realización das entrevistas foron gravados para poder verse a sí mesmos despois e facerlles conscientes da información que achegan e as sensacións que transmiten.

O VI Programa Integrado de Emprego Mos 3.0. 2020-21 prolongarase ata o 8 de novembro de 2021, subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia con 250.000 €. O custo total do proxecto é de 313.283,21 €, polo que o Concello asume o importe non subvencionado.

Esta é a sexta edición do programa Mos 3.0., iniciado no ano 2014-15, pero anteriormente houbo outros dous programas integrados anteriores. En todos eles acadouse o obxectivo de inserción comprometido (45%), o cal se elevou con creces a maioría dos anos, chegando a entre un 70% – 80%.

O Programa do ano 2020 estivo marcado pola actual situación de crise xerada pola COVID-19, e neste ano 2021 a situación desta crise non mellorou, polo que o desenvolvemento deste VI Programa Integrado de Emprego está marcado por accións adaptadas a esta situación, fomentándose na medida do posible actuacións que permitan que os participantes poidan en todo momento estar atendidos e participar tanto presencialmente como de forma non presencial, nas mellores condicións.

Os obxectivos do programa son a mellora da empregabilidade das persoas participantes. Ser un instrumento útil para as empresas, traducido na adecuación dos perfís profesionáis para unha posible incorporación ás suas empresas. E a inserción dun mínimo dun 45% das persoas participantes.

Participan no programa, 32 persoas pertencentes a colectivos con maiores dificultades: persoas desempregadas con discapacidade, persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga) e  persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación,  e 68 persoas  dos seguintes colectivos: persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas;  persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios de desemprego ou renda de inserción activa de inserción (RAI);  mulleres desempregadas;  persoas desempregadas de longa duración.  A porcentaxe de menores de 30 anos (con cualificación e sen cualificación) que se interesaron polo programa foi importante (o 53%).