Mos xa dispón dun terminal do 112

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos dispón dun terminal remoto para estar conectado co 112

O Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos, dispón dende onte dun terminal remoto conectado co Servizo do 112 de Galicia.

A concelleira Julia Loureiro, informou hoxe de que “esta aplicación informática estará conectada 24 horas e permitirá recibir a tempo real as emerxencias que se produzan no termo municipal de Mos e os concellos veciños pertencentes ó Servizo Mancomunado de Emerxencias de Mos, Soutomaior e Pazos de Borbén”.

Asimesmo a edil explicou tamén que este novo servizo será utilizado ademais pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos, cuios membros, xunto cos do Servizo Municipal de Emerxencias, recibiron un curso de formación sobre o manexo desta nova aplicación instalada polo Servizo 112 e que será tan útil para detectar e asistir emerxencias cun breve tempo de reacción.