22 de abril: DÍA INTERNACIONAL DA NAI TERRA.

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde o Concello de Mos sumámonos hoxe á dedicatoria deste Día Internacional que Google lle fai ás abellas.

En Mos hai unha gran tradición de apicultores e desde fai anos as nosas abellas e o mel que producen, e que tan óptimas propiedades ten, víronse ameazados por mor da proliferación da vespa velutina.

Por iso hoxe queremos tamén celebrar o 50 aniversario do Día Internacional da Terra dedicándollo á importancia das abellas no ecosistema.

O efecto que ten unha soa abella sobre as plantas e os hábitats que visita é enorme, facendo un gran traballo de multiplicación de flores e outras especies vexetais cando este pequeno insecto as sobrevoa.

Desde o Concello de Mos consideramos moi importante axudar a salvar ás abellas e por iso desenvolvemos campañas anuais de loita conta a velutina e de apoio ao apicultor local.

Hay 20.000 especies de abellas en todo o mundo que fan un traballo esencial.