26 negocios de hostelería de Mos beneficiaranse da Acción Horeca

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Disporán de 27 cubos e 8 contenedores especiais de vidro

 

A concelleira de Medio Ambiente mosense, Julia Loureiro, informou hoxe de que son 26 os locais de hostelería que se adheriron á Acción Horeca emprendida en Mos conxuntamente entre o Concello e a asociación sin ánimo de lucro, Ecovidrio.

 

Dito plan ten como obxectivo mellorar os resultados da reciclaxe de vidro no municipio mosense, potenciando dita reciclaxe entre o sector hosteleiro, que é o que fai un maior consumo de productos envasados con este material.

 

A iniciativa consiste no reparto gratuíto, entre os 26 establecementos adheridos, de 27 cubos equipados con rodas e un enganche especial adaptado para uns contenedores concretos de reciclaxe de vidrio. Deste xeito cada establecemento poderá, ó final do día, transportar de xeito sinxelo e práctico gracias ó sistema de rodas, o cubo cheo cos desperdicios de toda a xornada ata o contenedor adaptado que se instale na súa zona e acoplalo a dito contenedor que, cun sistema de basculación, lle permitirá ó hosteleiro en cuestión vaciar o cubo sen realizar un gran esforzo físico.

 

En total colocaranse por todo Mos un total de 8 contenedores de vidro especiais adaptados a estes cubos, distribuídos polas seguintes zonas da localidade, que son nas que se congregan un maior número de negocios de hostelería: dous contenedores en Puxeiros, outros dous en Peinador, un na Florida, outro na estrada Nacional 550 na parroquia de Louredo, e outros dous na Avenida de Sanguiñeda.

 

Da zona de Puxeiros adheríronse a este plan un total de 6 establecementos, da zona de Peinador 7 locais, da Florida 2, de Louredo xunto á N-550 3 locais, e da Avenida de Sanguiñeda un total de 8 establecementos. De entre os locais de Sanguiñeda cómpre destacar o caso da discoteca Queen, que se adheriu solicitando ademais dous cubos sendo o único que conta con máis dun, debido ó elevado volume de envases de cristal que manexa.

 

Segundo explicou a edil responsable da mesma, “esta idea surxiu tras a realización dun estudio conxunto entre a concellería de Medio Ambiente e Ecovidrio, consistente na análise das necesidades do Concello en materia de reciclaxe de vidro, chegando á conclusión de que o sector hosteleiro mosense rexistraba certas carencias neste sentido, que era necesario mellorar; de modo que así surxiu a posta en marcha en Mos da Acción Horeca”.

 

Tras este primeiro estudio ambas entidades colaboradoras, administración local e Ecovidrio, realizaron unha enquisa entre tódolos hosteleiros do municipio na que se lles preguntaba se un sistema coma o que se vai instalar, provisto de cubos especiais para vidro e contenedores adaptados distribuídos por diferentes zonas, lles facilitarían o traballo á hora de desfacerse dos desperdicios de envases de cristal e, por suposto, de reciclalos. A resposta da maioría dos enquisados foi afirmativa, motivo polo cal se puxo en marcha a iniciativa.

 

 

Ademais Loureiro declarou que “o poñer estes 8 contenedores de vidro, os antigos que se atopaban no seu lugar van servir para reforzar o servizo nas 10 parroquias mosenses, con presencia de contenedores de vidro en zonas que non había ata o de agora, motivando e facilitándolles aínda máis ós veciños e veciñas de Mos a reciclaxe de vidro”. Neste sentido, a concelleira de Medio Ambiente quixo recordarlles a tódolos habitantes do municipio a importancia de que reciclen.

 

“Coa posta en marcha da Acción Horeca tratamos de mellorar os resultados da localidade de Mos en materia de reciclaxe de vidro, ó tempo que melloramos a estética dos espazos públicos nos que hai instalados unha maior cantidade de contenedores”, explicou Julia Loureiro. Ademais a edil adiantou tamén a noticia de que “dende a concellería de Medio Ambiente, poñerémonos a traballar a continuación nun plan para mellorar os resultados da recliclaxe de cartón no municipio, que son os que peor parados saen nunha enquisa sobre reciclaxe publicada recentemente”, dixo.

 

Sen embargo, respecto da Acción Horeca, tras o estudio previo, as enquisas e a adxudicación dos cubos por establecementos e dos contenedores por zonas, o paso seguinte e inminente a continuación é o de recibir por parte do Concello, de mans de Ecovidrio, todo este material, -27 cubos e 8 contenedores-, e repartilo entre os 26 negocios hosteleiros adheridos ó plan.