300 vivendas mosenses máis disporán de servizo de saneamento

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será gracias ás próximas obras de acometida por valor de 200.000 euros que Augas de Galicia realizará nas parroquias de Sanguiñeda, Louredo e Cela

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Saneamento e Abastecemento mosense, Camilo Augusto, informaron hoxe do vindeiro inicio de tres obras de acometida de alcantarillado cun orzamento total de 200.000 euros.

 

Ditas obras de saneamento realizaranse en Amieirolongo, parroquia de Sanguiñeda, Pantaño, parroquia de Louredo; e Atín, parroquia de Cela. Nesta última localización os traballos consistirán no desbloqueo da canalización do alcantarillado que pasa pola ponte da autopista AP-9. O lugar onde se iniciarán primeiramente as obras é Amieirolongo, en Sanguiñeda.

 

Esta actuación que engloba tres obras en tres diferentes parroquias do municipio mosense atópase incluída nun proxecto de 1.600.000 euros promovido e financiado íntegramente por Augas de Galicia, entidade dependente da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia. Destes 1,6 millóns de euros xa está todo o proxecto acometido agás as tres mencionadas por valor de 200.000 euros que se levarán a cabo a continuación.

 

Con esta actuación cun custe de 200.000 euros a acometer en Pantaño, Atín e Amieirolongo darase servizo de saneamento a un total de 300 vivendas mosenses. Concretamente sobre a última localización mencionada, Amieirolongo na parroquia de Sanguiñeda, os representantes municipais quixeron pedirlles ós veciños e veciñas da zona desculpas posto que fai uns meses que a obra tería que haber sido acometida, sen embargo, “demorouse ata agora debido a un contratempo de Augas de Galicia e da empresa concesionaria encargada de realizar os traballos”, declararon. Sen embago o inicio da actuación é xa inminente, posto que será a primeira das tres obras programadas, polo que os habitantes de Amieirolongo disporán de servizo en breve.

 

Tal e como hoxe declaraba Augusto, “as tres son actuacións de vital importancia, posto que darán servizo de saneamento a un gran número de veciños e veciñas de Mos”. A este respecto a rexedora local mosense lembrou que o saneamento, xunto co abastecemento de auga potable, sempre foi unha das principais prioridades do equipo de goberno mosense. Así, o goberno local continúa a demostrar o seu compromiso co sameamento, tratando de conseguir a máxima financiación doutras administracións para acadar o antes posible o saneamento integral do municipio, que a día de hoxe atópase xa a tan só un paso do 100%.