44 beneficiarios e 1.300 páxinas impresas polo novo servizo municipal de apoio ás familias coas tarefas escolares

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Todos os demandantes xa recibiron o material impreso nas súas casas e desde o Concello de Mos lémbrase que a iniciativa continuará todos os martes mentres se prolongue o actual estado de alarma pola crise do COVID-19

 

 

Desde que se puxera en marcha, o pasado venres 3 de abril, o servizo gratuíto para imprimir as tarefas escolares, desde a concellería de Educación do Concello de Mos xa imprimiron e repartiron un total de 1.300 páxinas para 44 alumnos/as beneficiarios/as.

 

O material educativo impreso xa se atopa repartido na súa totalidade e foi levado aos domicilios dos deus destinatarios polo conserxe notificador municipal.

 

Os 44 demandantes e receptores deste novo servizo ofertado pola administración local mosense foron, maioritariamente, familias con cativos/as que están a cursar Educación Primaria.

 

O Concello de Mos puxo en marcha este servizo de impresión das tarefas ou traballos escolares para as familias que o precisen e lémbrase que durante o actual estado de alarma as impresións de material didáctico continuarán e realizaranse os martes de cada semana.

 

Tamén insistir en que as persoas que precisen facer uso de este servizo, deberán enviar un correo electrónico a educa@concellomos.es cos arquivos a imprimir adxuntos, o enderezo no que deberán ser entregados unha vez impresos, un número de teléfono de contacto e o nome do beneficiario/a.

 

Ante calquera dúbida ou para obter máis información sobre este servizo municipais os/as interesados/as poden dirixirse telefónicamente á concellería de Educación no número: 986. 339. 404.