Máis de 1.000 persoas asistiron ao acendido do alumeado de Nadal en Mos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O acto contou coa actuación musical de Uxía Lambona e chocolate quente para todos

A Praza do Concello de Mos acolleu esta tarde o acto de acendido do alumeado de Nadal que congregou a máis de 1.000 persoas.
O acto, que estaba previsto para o pasado domingo 2 de decembro, pospúxose para hoxe por causas meteorolóxicas.
Esta tarde na Praza do Concello en Petelos, ás 17.00 horas comezaba o acto de animación infantil con DJ e mascotas da Aldea Fantasía (con cuxos personaxes puidéronse facer fotos os cativos presentes), para continuar ás 18.00 horas co concerto de Uxía Lambona e A Banda Molona seguido do acendido oficial do alumeado de Nadal. O fin de festa realizouse cun chocolate quente con rosca gratis para todas as familias asistentes.
A administración local estivo representada esta tarde pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, a de Participación Cidadá, Julia Loureiro, o tenente alcalde, Alberto Méndez, e os tamén edís mosenses Luis Alonso, Cándido Pérez e Baldomero Lorenzo.
Por cuarto ano consecutivo dende o Concello quíxose dar comezo a esta época de ilusión con este evento simbólico de encendido que tanto lles gusta ós veciños e veciñas mosenses. Mostra delo é que se acadara unha afluencia de máis de 1.000 participantes asistentes.
A programación navideña deste ano do Concello de Mos caracterízase, como ven sendo unha constante dende fai varios anos, por constar de actividades que fomentan o ocio familiar.
Alumeado
O alumeado deste ano caracterízase por ter tamén un toque especial, incluíndo elementos chamativos coma árbores navideñas xigantes de luz. Os lugares nos que se puxo especial énfase neste tipo de detalles foron as zonas urbanas do municipio, como por exemplo a propia Praza do Concello, San Eleuterio, o alto de Puxeiros, San Rafael en Pereiras, ou a Avenida de Sanguiñeda, entre outras.