72 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato do IES de Mos graduáronse esta tarde

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde o Concello de Mos queremos felicitar aos 72 alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato do IES de Mos que se graduaron esta tarde e que estiveron acompañados/as polo seus mestres e equipo directivo do centro, por membros da ANPA, e pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro.