8 DE MAIO, DÍA MUNDIAL DA CRUZ VERMELLA.

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

No Día Mundial da Cruz Vermella, desde o Concello de Mos realizaremos un novo reparto de alimentos de Mos Axuda ás 100 familias mosenses usuarias dos Servizos Sociais Municipais.

E aproveitamos para agradecerlle á Cruz Vermella os 7.500 quilos de alimentos non perecedeiros doados ao Concello de Mos que foron repartidos durante a presente crise do COVID-19, o pasado 3 de abril, e que abasteceron a un total de 86 familias mosenses.