A A.V.V. Chan do Bosque celebra a súa tradicional Semana Cultural

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Terá lugar os días 14, 15 e 16 de setembro no local da Asociación

A Asociación de Veciños Chan do Bosque celebra a súa xa tradicional Semana Cultural. Terá lugar a vindeira fin de semana, concretamente os días 14, 15 e 16 de setembro no local da asociación veciñal.

Esta festividade celébrase na honra da Virxe das Angustias, patrona do barrio de Amieirolongo, na parroquia de Sanguiñeda.

O venres día 14, a partir das 21.30 horas, comenzarán as actividades con sendos concertos de rock e folk a a cargo dos grupos + IVA e Os de Triana. Asimesmo procederase á inauguración da exposición dos labores realizados durante o ano nos distintos cursos organizados pola Asociación.

O sábado día 15, a partir das 17.00 horas, haberá xogos populares e unha actuación de paiasos para os máis pequenos. Ás 21.00 horas, celebrarase o tradicional Concurso de Tortillas, que nesta ocasión chega á súa XXXI edición. Tanto os socios coma o resto dos veciños de Mos e comarca poden presentar a concurso as súas tortillas, entre as que se premiará a orixinalidade, o mellor sabor e a mellor presentación. A continuación degustaranse dúas grandes paellas mentres o grupo vocal Os de Amieiro ameniza musicalmente a velada.

Por último o domingo 16, ás 11.00 horas oficiarase a Misa Solemne no local da Asociación na honra de tódolos socios falecidos e cantada pola coral Orfeón de Asomamos. Ás 11.45 horas actuará o grupo Tangaraño e ás 12.00 horas celebrarase a Misa Solemne na capela das Angustias. A continuación realizarase a habitual subasta de prantas, productos da terra e outros; e degustaranse mexilóns, chourizos e viño albariño. Ás 16.30 horas iniciarase o Campionato de Tute, ás 17.30 horas dará comenzo o monólogo do Rey Midas; e pechará a Semana Cultural un concerto da pianista Ana Rodríguez García.

Ademais, durante o sábado e o domingo haberá un rastrillo con fins benéficos así coma un espazo de intercambio de libros.