A alcaldesa de Mos asistiu hoxe a unha reunión da Deputación por videoconferencia

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta mañá por videoconferencia coa Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e co Vicepresidente da administración provincial, César Mosquera Lorenzo.

A xuntanza telemática formou parte dun encontro dos dirixentes provinciais cos alcaldes e alcaldesas de Concellos de Pontevedra con ata 15.000 habitantes.