A alcaldesa de Mos convoca un Pleno Extraordinario para esixir responsabilidades pola trama dos recibos da auga falsos

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebrarase o vindeiro martes 16 de xullo ás 12.00 horas no Pazo de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou hoxe da convocatoria dun Pleno Extraordinario que se celebrará o vindeiro martes 16 de xullo ás 12.00 horas no Pazo de Mos sobre a falsificación de documentos públicos e usurpación da empresa ficticia Aquamos.

DATOS DA CONVOCATORIA
Tipo Convocatoria Extraordinaria
Data e hora 1ª convocatoria: 16 de xullo de 2019 ás 12:00
Lugar PAZO DE MOS

A orde do día será a seguinte:
ASUNTOS DA CONVOCATORIA
A) Parte resolutiva
Único.- Falsificación de documentos públicos e usurpación da empresa AQUAMOS