A alcaldesa de Mos dá unha rolda de prensa sobre os recibos falsos da auga aportando datos da investigación do caso

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os investigados enfróntanse a un delito de falsedade en documento público e estafa

Ante as últimas informacións oficiais e os avances producidos na investigación sobre o caso do envío de recibos de auga falsos en Mos, convocouse aos medios de comunicación para aportar novos datos a este respecto durante unha rolda de prensa que se celebrou esta mañá no Salón de Sesións do Concello de Mos. Nela compareceron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, e demais concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local.

“Nos atopamos ante un delito moi grave de falsedade en documento público e estafa”, lamenta Nidia Arévalo.

“Se trata dunha trama política contra min, contra a alcaldesa de Mos, iniciada fai exactamente un ano para intentar danar a miña imaxe e conseguir un rédito político que non era outro que a alcaldía de Mos”, sentenciou a alcaldesa.