A alcaldesa de Mos reúnese coas comunidades de augas do municipio

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A xuntanza forma parte das reunións que Nidia Arévalo mantén cada ano cos distintos colectivos do tecido asociativo mosense

Como ven facendo anualmente, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, está a manter reunións cos colectivos do tecido asociativo mosense. No que vai de ano xa o fixo coas asociacións culturais, veciñais e comunidades de montes do municipio e onte reuniuse no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso coas comunidades de augas.