A alcaldesa participa na sesión ordinaria da Comisión Executiva da FEGAMP

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, participou esta mañá por videoconferencia na sesión ordinaria da Comisión Executiva da FEGAMP, cuxa orde do día incluiu a lectura e aprobación da acta do día 21 de xullo, o Informe xeral da Presidencia, relativo ao contexto da Covid19 nos centros de ensino non universitarios para o curso 2020-2021, o Informe da Secretaría Xeral e os convenios asinados e en tramitación. A sesión rematou con propostas, suxestións, rogos e preguntas dos membros participantes.