A alcaldesa visita aos matrimonios que celebran as súas vodas de ouro en 2020

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, está a visitar nos seus fogares a cada un dos 34 matrimonios mosenses homenaxeados por cumprir as vodas de ouro este ano, para felicitalos e entregarlles o detalle institucional co que tradicionalmente o Concello lles agasalla.
Hoxe a rexedora local mosense achegouse ata o domicilio de ASUN e MANOLO de GUIZÁN, onde puido felicitalos e darlles a noraboa “por ser capaces de percorrer xuntos este camiño ao longo de 50 anos” e trasladoulles todo o seu “agarimo e respecto para eles por ser o alicerce da familia”.
O domingo 30 de agosto, en circunstancias normais, teríase celebrado a “30 Festa dos Maiores do Concello de Mos”, que nesta ocasión non puido celebrarse presencialmente en Costoias por mor da COVID-19.