A Asociación de Festas dos Cabaleiros organiza unha excursión a Portugal con motivo do Entroido

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Ten un prezo de 39 euros e realizarase o domingo día 10 de febreiro

 

A Asociación de Festas do Santísimo Cristo da Victoria, ou dos Cabaleiros, informa da organización por parte da mesma dunha viaxe dun día a Aveiro e ó Entroido de Ovar, que se realizará o domingo 10 de febreiro.

 

O prezo é de 39 euros por persoa e inclúe a visita a Aveiro, xantar, desfile de comparsas en Ovar, servizo de transporte en autocar de turismo e seguro de viaxe.

 

Os interesados en inscribirse nesta actividade poden facelo chamando por teléfono a Luis Brandariz ós seguintes números 659 955 619 e 986 33 43 64.