A Asociación de Veciños Celado de Cela abre o prazo de inscrición para participar na súa comparsa de Entroido

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os interesados poden anotarse a calquera hora na cafetería da Casa Cultural ou dirixíndose a algún membro da directiva da Asociación

 

A Asociación Veciños Celado, da parroquia de Cela, convida a todos os interesados que queiran formar parte da súa comparsa de Entroido a que se inscriban na cafetería da Casa Cultural de Cela en calquera horario ou ben dirixíndose a algún dos membros da directiva da Asociación.

 

No momento da inscrición os participantes recibirán datos sobre a temática da comparsa e o disfraz que terían que levar.

 

A comparsa sairá a desfilar o venres 28 de febreiro en Tomiño, o sábado 1 de marzo en Porriño, o domingo 2 de marzo en Mos, e o martes de Entroido, día 4 de marzo, novamente en Porriño.