A colección de coches máis importante de España atópase en Mos

Escrito por admin. Posteado en Actualidad

Dende o Concello estase a estudiar a posibilidade de promocionala coma elemento excepcional do patrimonio mosense

A alcaldesa de Mos acompañada de concelleiros e concelleiras do equipo de goberno local visitou onte as instalacións dun empresario mosense, Manuel Ferreira, nas que conta cunha importante colección de vehículos clásicos e de competición.

O motivo da visita foi o interese por parte do propietario e da administración local de poder abrir esta importante colección de coches ó público e poder potenciala, así como poñer en valor o relevante patrimonio que representa dentro do Concello de Mos.

A idea tanto do Concello como do propietario é poder chegar a convertir esta colección partircular nun referente da localidade mosense, posto que dita colección representa a máis numerosa que existe en toda España deste tipo e unha das máis importantes de Europa.

Na visita de onte, entre outros edís, estiveron presentes os concelleiros mosenses de Cultura e Deportes, Sara Cebreiro e Isidoro Táboas respectivamente, que representan as áreas nas que máis relevancia ten esta colección de coches clásicos e de competición deportiva.

Segundo declarou a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, “dar a coñecer esta colección propiedade dun particular serve para ampliar a oferta cultural do Concello de Mos así coma para promocionar o importante patrimonio existente no noso municipio e que é descoñecido tanto para veciños coma para visitantes; esta colección podería converterse nun dos principais atractivos de Mos, xa que se trata dunha das máis importantes coleccións de vehículos a nivel nacional e incluso europeo”.

O primeiro paso a dar neste sentido será, tal e como informaron fontes municipais, o de buscar a fórmula procedemental máis adecuada para levar a cabo nestas instalacións actividades e visitas guiadas; para elo, o Concello trasladoulle ó propietario o seu respaldo e a intención de buscar tamén colaboración noutras administracións.

A colección de coches máis importante de España atópase en Mos

Escrito por admin. Posteado en Actualidade