A Comisión de Festas de San Eleuterio pagará a lotería premiada de Reis na Capela os domingos en horario matinal

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os pagos iniciaranse o día 13 de xaneiro e continuarán a realizarse ata o 7 de abril

 

A Comisión de Festas de San Eleuterio, parroquia de Tameiga, informa de que a lotería de Reis que resultou premiada lles será pagada ós beneficiarios na Capela de San Eleuterio tódolos domingos dende o día 13 de xaneiro ata o 7 de abril, en horario de 10.00 horas da mañá a 13.00 horas.