A concellería de Educación leva de excursión ós Muíños de Pereiras ós alumnos de 4º curso de Primaria

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A iniciativa desenvólvese ó longo de toda esta semana e está incluída dentro da programación municipal para os colexios dentro do horario escolar

 

A concellería de Educación que dirixe a edil Kely Monzón está a organizar esta semana unha actividade de sendeirismo polos Muíños da Salgueira en Pereiras dirixa ós alumnos e alumnas de cuarto curso de Educación Primaria dos colexios de Mos.

 

Neste sentido, Monzón explicou o por que desta iniciativa declarando que “un dos maiores atractivos que atopamos é a enorme cantidade de muíños que contan parte da nosa historia, xa que constituíron a base da supervivencia e da vida no campo. Logo dunha época de progresivo abandono destas construcións populares, iniciouse un proceso de restauración das mesmas que permite que hoxe poidamos contar cun importante lugar de espallamento e lecer. Conscientes de que é parte da nosa labor coidar e dinamizar este recurso cultural tan valioso, dende a concellería de Educación e Participación Cidadá invitamos aos escolares do noso Concello a facer un percorrido por este sendeiro, de xeito que coñezan e valoren o seu entorno máis próximo”.

 

Os obxectivos desta actividade son favorecer o coñecemento do entorno cultural e natural do Concello, facilitar aos alumnos/as espazos de comunicación e socialización diferentes aos habituais, ofrecer alternativas de ocio saudable, dinamizar o Sendeiro dos Muíños da Salgueira en Pereiras e promover a participación e o divertimento dos escolares do Concello.

 

En total beneficiaranse destas excursións un total de 113 alumnos/as dos Centros de Educación Infantil e Primaria do municipio. O percorrido realizado polos rapaces participantes comeza no conxunto de Muíños da Budiela (Salgueira) e remata no lugar da Furna, no muíño da Alborada. A duración da camiñata é de 1 hora e 45 minutos aproximadamente, e os escolares realízana acompañados por dous monitores de tempo libre, veciños da parroquia, que lles relatan a historia e características destes muíños,(pezas das que se compoñen e como se realizaban as muiñadas), e lles explican os distintos elementos naturais que van atopándose polo camiño. Deste xeito, os escolares poden coñecer mellor o rico entorno natural e cultural da localidade mosense.