A CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL FINANCIARÁ PRAZAS PÚBLICAS NA FUTURA RESIDENCIA DE MAIORES DO REBULLÓN

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo

 

Mos, 2 de agosto de 2019.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, trasladoulle á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que a Xunta financiará prazas públicas na residencia de maiores que este Concello planea crear no antigo hospital psiquiátrico do Rebullón.

 

Así o acordaron a conselleira e a alcaldesa na reunión que mantiveron nas dependencias da Xunta de Galicia. A esta xuntanza asistiron tamén o director xeral de Maiores e Persoas con discapacidade, Ildefonso de la Campa, e a concelleira de Benestar Social de Mos, Sara Cebreiro.

 

Nidia Arévalo trasladoulle a Fabiola García que solicitará a cesión do antigo hospital psiquiátrico ao Servizo Galego de Saúde, que é o titular do inmoble.