A coral mosense O Son dos Cantares participará no certame internacional VII International Keyboard Festival & Masterclass – Eurociudade Tui – Valença

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Ofrecerá un concerto en Tui o xoves 18 de xullo ás 20.00 horas

A coral mosense O Son dos Cantares ofrecerá un concerto o vindeiro xoves 18 de xullo ás 20.00 horas no claustro do seminario menor de Tui.

Durante a súa actuación a agrupación coral compatirá esceario co coro Son de Acacias. O concerto forma parte das diferentes xornadas, que abranguen dende o 14 ó 21 de xullo, do VII International Keyboard Festival & Masterclass – Eurociudade Tui – Valença.