A coral O Son dos Cantares organiza o seu ‘XI Concerto de Corais’

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Celebrarase o 22 de abril ás 17.00 horas no Multiusos das Pozas

O Multiusos das Pozas acollerá o vindeiro domingo, 22 de abril, ás 17.00 horas do serán, o ‘XI Concerto de Corais O Son dos Cantares’.
Ademais da anfitriona coral mosense, O Son dos Cantares, coa que colaborará Antonio Barros, gañador da pasada edición de Recantos da TVG, actuarán a Coral Poio (Poio- Pontevedra), a Coral Polifónica Acordes (Bueu- Pontevedra) e a Coral Voces e Cordas (Sobrado do Bispo – Ourense).
A entrada será libre e de balde ata completar o aforo. O concerto será unha gran oportunidade para todos/as os/as amantes do canto coral, que poderán gozar dunha agradable tarde amenizada musicalmente por grandes agrupacións corais galegas.