“A CULTURA NON PARA EN MOS” – “As Lagharteiras”

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Venres de CULTURA MOSENSE. HOXE, no espazo “A CULTURA NON PARA EN MOS” contamos coa actuación dun grupo que nace no ano 2007 co principal obxectivo de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego.No ano 2010, constituíuse como Asociación Cultural Folclórica “As Lagharteiras” do concello de Mos. Destacan pola infinidade de galardóns acadados e por todas as súas actuacións por toda a xeografía galega, pero tamén fóra dela, como no Bierzo, Oviedo ou Ávila. O 1 de xaneiro de 2015 editaron Lagharteiras, que é o seu primeiro álbum musical e foi gravado entre xullo e decembro de 2013.GRAZAS LAGHARTEIRAS, por compartir connosco a vosa música e as vosas voces! Con vos e con toda a CULTURA MOSENSE… Xuntos SaireMos.

Publicada por Concello de Mos en Viernes, 24 de abril de 2020

Venres de CULTURA MOSENSE.

HOXE, no espazo “A CULTURA NON PARA EN MOS” contamos coa actuación dun grupo que nace no ano 2007 co principal obxectivo de compilar, conservar e divulgar as músicas, cantos, instrumentos e vestiario tradicional galego.

No ano 2010, constituíuse como Asociación Cultural Folclórica “As Lagharteiras” do concello de Mos. Destacan pola infinidade de galardóns acadados e por todas as súas actuacións por toda a xeografía galega, pero tamén fóra dela, como no Bierzo, Oviedo ou Ávila.

O 1 de xaneiro de 2015 editaron Lagharteiras, que é o seu primeiro álbum musical e foi gravado entre xullo e decembro de 2013.

GRAZAS LAGHARTEIRAS, por compartir connosco a vosa música e as vosas voces!

Con vos e con toda a CULTURA MOSENSE… Xuntos SaireMos.