A cultura non para en Mos pese a crise do COVID-19

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Tras a iniciativa ‘O Deporte non Para en Mos’ que surxiu no Concello para que a veciñanza puidera continuar facendo exercizo e manténdose en forma na casa a pesar do confinamento, a Alcaldía mosense inicia esta fin de semana unha nova iniciativa: ‘A Cultura non Para en Mos’.

“Dado que a situación de confinamento impídenos saír a disfrutar de concertos e outras alternativas de ocio cultural e dado que o de Mos e un municipio cun tecido cultural riquísimo en agrupacións musicais, teatrais, de baile… e de artistas solistas excepcionais; decidimos trasladar a idea deportiva ao ámbito cultural e centralizala durante as fins de semana, que era cando normalmente a veciñanza soía facer saídas de ocio cultural que agora non pode realizar e nós querémosllas ofrecer virtualmente para que poidan gozar delas desde a casa”, explicou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

Deste xeito ‘A Cultura non Para en Mos’ desenvolverase durante os venres, sábados e domingos das semanas que dure o confinamento. Comezando mañá venres 3 de abril. As actuacións culturais, que incluirán música e outras disciplinas artísticas, poderán ser visualizadas a través do Facebook e da páxina web do Concello de Mos.

Todos os espectáculos correrán a cargo de artistas mosenses, comezando polo gaiteiro de Louredo autor do Himno de Mos, Xulio Lorenzo, a cantante UxíaAlberto López do Grupo Sete Netos da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, músicos/as da Banda Xuvenil de Torroso, o tamén cantante Antonio Barros  a dúo con Ialma ao piano… etc. Aos que se irán sumando moitos máis músicos e artistas locais.

A eles/as aos/ás artistas mosenses colaboradores/as con esta iniciativa, a rexedora local mosense agradécelles enormemente “a súa colaboración desinteresada, o seu bo facer, e que sexan o orgullo de Mos, ao ter levado o nome deste municipio polo mundo adiante, amosando o seu arte e a calidade da cultura mosense”; ademais Arévalo destaca que “nesta crise están a demostrar máis que nunca o amor polo seu pobo, a súa solidariedade e a súa vontade de colaborar co ben común; grazas a eles a partir de mañá quedar na casa será máis agradable e entretido, porque coas súas actuacións voltarán a facernos gozar da nosa cultura, da cultura mosense”, concluiu a alcaldesa de Mos.