A Escola de Música de Mos iniciou onte o novo curso

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os 350 alumnos da Escola acudiron pola tarde á presentación e puideron recoller os horarios das clases do 2012-2013

A concelleiras de Cultura e Educación mosenses, Sara Cebreiro e Kely Monzón respectivamente, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, acudiron onte pola tarde á presentación do curso 2012-2013 da Escola de Música de Mos, á que tamén asistiu, como non podía ser doutro xeito, a directora do centro e directora tamén da Banda de Música Xuvenil de Torroso, Ángeles Lorenzo, acompañada por Camilo Grandal, presidente do Centro Cultural e Recreativo de Torroso, lugar no que se ubica a Escola.

Durante o novo curso que onte comenzou, a Escola de Música de Mos contará cun total de 350 alumnos e alumnas que serán instruídos por un total de máis de 20 profesores titulados. O éxito desta escola radica no amplo abano de actividades musicais que oferta, xa que o alumnado pode escoller a música como profesión (modalidade oficial) ou simplemente como actividade de ocio (modalidade libre); as modalidades de instrumentos que se imparten son as seguintes: vento metal e vento madeira, corda, percusión, danza e teatro.

Máis concretamente, os instrumentos dos cais se imparten clase na Escola de Música de Mos son piano, violín, violonchelo, flauta, saxofón, clarinete, guitarra, percusión, metal, trompeta, trombón, contrabaixo, fagot, acordeón, gaita e oboe; e ademais a Escola conta cun grupo de ballet clásico.

A Escola de Música de Mos é unha das máis numerosas, no que a alumnado se refire, de toda a provincia de Pontevedra; e nutre, ano tras ano, á enorme canteira da Banda de Música Xuvenil de Torroso.

Durante a presentación do novo curso que tivo lugar onte pola tarde, as representantes do goberno local destacaron á importancia da Escola tendo en conta que “a música é un elemento cultural esencial no noso municipio, así coma na educación e a formación dos rapaces e rapazas en xeral, xa que contribúe a asentar as bases da súa formación persoal, así coma a potenciar as súas habilidades propias e fomentar o coñecemento da historia a través da música”, salientaron as dirixentes municipais.

Tanto a Escola de Música de Mos coma a Banda de Música Xuvenil de Torroso contan cunha subvención municipal que, pese ó momento de crise económica actual, dende o Concello considerouse que era necesario e de vital importancia manter ambas subvencións.