A Escola de Música e o Conservatorio Profesional de Torroso informan da apertura de solicitude de praza para o novo alumnado no vindeiro curso

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O procedemento deberá realizarse telefónicamente a partir do luns 11 de Maio

 

A Escola de Música e o Conservatorio Profesional de Torroso abren o prazo de solicitude de reserva de praza para o próximo curso 2020/2021 a partir do luns 11 de Maio e ata o 25 de Maio.

Debido ás circunstancias que estamos a vivir, este ano e de maneira excepcional o procedemento será a través dos teléfonos do centro 986 33 83 25 / 621 22 66 80, en horario de oficina de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

A apertura de reserva soamente é para o NOVO ALUMNADO.