A Fundación Celta renova o seu compromiso co Club Louro  

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A Fundación Celta de Vigo selou a renovación do convenio de colaboración co Club Louro de Mos para dar continuidade á escola de asesoramento que teñen ambas as entidades. Pola súa banda o Concello de Mos apoia económicamente ao Club Louro-Tameiga para que poida manter o devandito convenio.

 

Esta escola de asesoramento, creada por primeira vez hai dúas tempadas, foi a primeira da súa categoría e, tras moito traballo entre ambas as entidades, converteuse nun referente na formación de xogadores e adestradores con máis de 150 participantes.

 

O vínculo entre ambas as entidades foi asinado polo Presidente do Club Louro-Tameiga, Patricio Farrapeira, e o Director da Fundación Celta, Germán Arteta. Ambos mandatarios, así como a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Deportes, Alberto Méndez, valoraron moi positivamente a renovación dun acordo que ao longo destes anos incluíu a asistencia e participación de técnicos do club en adestramentos da canteira celeste, amistosos entre equipos das categorías inferiores de ambos os clubs, participación en torneos, visitas ao estadio de Balaídos e asistencia de xogadores do Club Louro a xornadas de adestramento na Madroa xunto aos preparadores da canteira celeste.

 

A Fundación Celta de Vigo continúa traballando para fortalecer as estruturas do deporte base da súa contorna mediante o reforzo dos seus compromisos con entidades como o Club Louro, que son fiel reflexo do espírito e metodoloxía de traballo do RC Celta e que contribúen de maneira esencial no desenvolvemento deportivo e persoal dos pequenos deportistas.