A nadadora mosense Celia Iglesias volve a adestrar na Piscina Municipal

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Unha das deportistas que regresou onte á piscina, no primeiro turno de nado libre ás 08.00 horas da mañá, foi a nosa campioa mosense a nadadora Celia Iglesias. Todo un exemplo de vida, capacidade de superación, esforzo, traballo, experiencia e sensatez. Desde o Concello de Mos felicitamos con todo o cariño a Celia, pola súa traxectoria persoal e deportiva e pola volta aos adestramentos en tan boa forma. Bravo Celia!!! SOMOSMOS!