A obra de saneamento na estrada Alto de Barreiro-Santiaguiño chega ao ecuador e quedará rematada en dúas semanas

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

Tras ela chegará a da estrada Peinador-Os Valos e, entre ambas, a parroquia de Louredo sumará máis dun quilómetro de nova rede que dará servizo a 26 casas e 100 veciños

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, informaron hoxe de que a obra de acometida de rede de saneamento na parroquia de Louredo, concretamente na estrada Alto de Barreiro-Santiaguiño, que comezara o pasado 24 de marzo, atópase xa na metade da súa execución e ten previsto o remate para dentro de dúas semanas, aproximadamente.

Esta obra de instalación de rede de saneamento en Louredo súmase ás de Pardellas e Camiño da Ponte (xa rematadas) e as de Crasto, na Parroquia de Guizán, e estrada Peinador-Os Valos (tamén parroquia de Louredo) que se acometerán a continuación da de Alto de Barreiro-Santiaguiño. Todas elas estanse a realizar desde o Concello de Mos con cargo ao Plan Concellos 2020 e prevese que estean finalizados na súa totalidade antes do vindeiro verán.

Na parroquia de Louredo, mediante os traballos que se están a acometer nestes intres na estrada Alto de Barreiro-Santiaguiño en Louredo máis os que a continuación se realizarán na estrada Peinador-Os Valos, instalaranse 1.026,93 metros de tubería e darase servizo a 26 vivendas e 100 habitantes.

Mediante as obras de acometida da rede de saneamento no Camiño do Monte de Pardellas na parroquia de Cela, que xa se atopan rematadas, instaláronse un total de 467,97 metros de tubería e deuse servizo a 20 vivendas e 72 habitantes.

E en Guizán entre o Camiño do Crasto e o Camiño da Ponte (xa realizado) instálanse 1.067,18 metros de tubería e dase servizo a 27 vivendas e 88 habitantes.

En total poderán conectarse ao saneamento 73 vivendas e 260 habitantes das tres parroquias.

Trátase dun proxecto de ampliación da rede de saneamento integral nas parroquias de Louredo, Guizán e Cela e, suman entre as tres parroquias un orzamento de 249.688,42 euros. O prazo estimado da execución das obras é de 3 meses para cada un dos colectores que se proxectan, incluído o estudo e preparación das mesmas.

Sobre estas obras os representantes municipais, Arévalo, e Augusto declaraban esta mañá que “desde o Concello de Mos continuamos a dar pasos e avanzando cara a consecución do saneamento integral no municipio, e facémolo tocando todas as fases: tras anos de acometidas nas que se daba servizo a moitas vivendas, agora atopámonos realizando as fases máis complicadas que corresponden a tramos máis difíciles e nos que hai menos vivendas; que son as que quedaron para o final”. E ademáis rexedora local e tenente alcalde anunciaron que “para rematar todo o saneamento pendente e lograr o saneamento integral en Mos queda pendente unha inversión total de 1 millón de euros que se executará ao longo deste ano, no que se acometerá o tramo correspondente á estrada Nacional 550 que dará servizo ás parroquias de Mos, Louredo e Sanguiñeda-Amieirolongo”.

Agora por fin, xa a curto prazo, farase realidade o 100% do saneamento instalado en Mos, que será posible tras tantos anos acometendo obras que deran servizo de alcantarillado á veciñanza.