A parroquia de Mos celebra as Festas do Cristo da Esperanza 2015

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Os actos festivos desenvolveranse ó longo da vindeira fin de semana, concretamente os días 10, 11 e 12 de outubro

 

A parroquia de Mos celebra esta fin de semana as súas grandes festas na honra do Cristo da Esperanza. Os actos concentraranse ó longo dos vindeiros días 10, 11 e 12 de outubro.

 

O sábado 10 de outubro a verbena correrá a cargo das orquestras Charlestón Big Band e Marbella. O domingo día 11 amenizarán musicalmente a verbena as orquestras Gran Parada e Televisión. E o luns, día 12 de outubro, pecharanse os actos festivos cunha gran verbena que contará coas actuacións das orquestras Panorama e París de Noia.

 

Actos relixiosos

 

O domingo 11 de outubro celebrarase ás 12.00 horas unha Misa Solemne con procesión cantada pola Coral Polifónica de Santa Eulalia de Mos.

 

O día 12, luns, ás 11.00 horas oficiarase unha Misa rezada na honra dos socios/as falecidos/as.