A partir deste luns día 25 de maio restablécense as liñas de de transporte municipal

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Desde o departamento de Mobilidade do Concello de Mos infórmase de que a partir deste luns día 25 de maio restablécense as liñas de de transporte municipal que foran suspendidas polo estado de alarma.

Recordamos que estas liñas dan servizo no horario de entrada e saída do IES de Mos, polo que a partir deste luns os escolares de Bacharelato teñen garantido o servizo para poder asistir ás clases.

Lembramos que todos os pasaxeiros deberán ir provistos de mascarilla.