A piques de rematar as obras do vial alternativo de Santa Eulalia

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade, Obras

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, ven de realizar unha visita ás obras do vial alternativo de Santa Eulalia acompañanada polo tenente acalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o arquitecto municipal, e coa presencia de representantes da Comunidade de Montes de Mos (que cedeu os terreos para poder construír o vial), da Fundación Pazo de Mos e da empresa constructora. Os traballos que están en marcha son de remate das tarefas de asfaltado do vial, que están a piques de acabarse polo que en poucos días estará totalmente finalizada a obra.
A construción deste vial en Santa Eulalia, núcleo de A Rúa, é posible grazas á cesión de terreos por parte da Comunidade de Montes de Mos e á financiación económica autonómica, cunha subvención de 281.413,68 euros da Axencia Galega de Infraestruturas. O orzamento total da obra ascende a 469.022,80 euros.
A construción do vial perimetral permitirá eliminar o tráfico rodado da rúa peonil empedrada que discorre polo lateral do Pazo (Camiño da Rúa), un camiño polo que pasan anualmente centos de peregrinos. O propósito é protexer ó entorno do Pazo, que ven de ser galardoado coa Q de Calidade.
MOS CALIDADE!