A Piscina Municipal de Mos albergou a preto de 700 persoas o pasado sábado no Campionato Escolar de Natación

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Ós 123 nadadores que competiron sumáronselles 500 persoas no público

 

Medio milleiro de espectadores animaron ós 123 nenos e nenas que participaron o pasado sábado, día 25 de maio, no Campionato de Natación Escolar Val da Louriña 2013, competición que logrou congregar deste xeito a preto de 700 persoas na Piscina Municipal de Mos.

 

O campionato, no que se contou coa colaboración do supermercado Gadis para o avituallamento dos deportistas, tivo tamén entre o público á alcaldesa, Nidia Arévalo, ó concelleiro de Deportes do Concello de Mos, Isidoro Táboas, e á edil de Educación mosense, Kely Monzón, que se encargaron de facer a imposición de medallas durante a entrega de premios.

 

Este campionato estivo organizado conxuntamente entre o Concello de Mos e o Club de Natación Mos, e, como xa se dixo, contou cun total de 123 nadadores competindo. Todos os participantes eran nadadores non federados e non pertencentes a ningún clube de natación, con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, ambas incluídas.

 

Os competidores estiveron divididos en catro categorías: a primeira formada por nenos e nenas de 6 e 7 anos, a segunda de 8 e 9 anos, a terceira de 10 e 11 anos e a cuarta de 12 e 13 anos. As dúas primeiras categorías participaron competindo nunha proba de 25 metros crol, mentres que as terceira e cuarta categorías realizaron a proba de 50 metros crol. En cada categoría repartíronse tres medallas: de outro, prata e bronce, para o gañador, primeiro e segundo clasificados de cada categoría, respectivamente.