A Piscina Municipal e o Pavillón Óscar Pereiro melloraranse durante o Nadal

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Dende a concellería de Deportes decidiuse aproveitar estas datas para realizar reparacións, pintado e acometer diversas melloras

 

Aproveitando as datas de Nadal nas que hai varios días festivos, a concellería de Deportes mosense que dirixe o edil Isidoro Táboas procederá ó peche da Piscina Municipal do 26 de decembo ó 1 de xaneiro para proceder á mellora das instalacións deportivas.

 

Os traballos que van ser acometidos consistirán na reparación da cuberta da piscina, para evitar as filtracións de choiva que producen problemas de condensación, o acondicionamento de varias zonas interiores da piscina mediante o seu pintado; e intentar solucionar a diferencia de temperatura na saída da piscina cara ós vestiarios.

 

Táboas informou hoxe de que ademais de na Piscina Municipal, tamén se realizarán reparacións durante os vindeiros días na parte do Pavillón Óscar Pereiro. As melloras a acometer no pavillón consisten na reparación dunha filtración de auga nun lateral do tellado, que á súa vez, pola humidade das goteiras ocasiona o levantamento do parqué da pista, que tamén se procederá a substituír por un novo na zona deteriorada.

 

O concelleiro de Deportes lembrou ademais que o departamento municipal que dirixe está volcado no óptimo mantemento da Piscina Municipal e o Pavillón Óscar Pereiro, como instalacións deportivas emblemáticas do Concello de Mos que son; dedicación que ven demostrada por tódalas melloras que no último ano se levaron a cabo nelas, tales coma a reparación das caldeiras para optimizar o control da temperatura da auga da piscina, que se realizou durante o parón estival da mesma o pasado mes de xullo, e que supuxo unha inversión de 4.000 euros.

 

Alberto Méndez, concelleiro mosense de Obras, e Isidoro Táboas, visitaron esta mañá as dependencias do Pavillón Óscar Pereiro e da Piscina Municipal para tomar nota pormenorizadamente de tódalas necesidades existentes nestas instalacións deportivas, -e arriba descritas-, e proceder a subsanalas mediante as obras que darán comenzo o vindeiro día 26 de decembro.