A Policía de Mos mantén unha intensa actividade en materia de seguridade vial e pública

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Campañas de control de velocidade de conducción, de uso de sistemas de retención a bordo de automóviles, e seguemento durante as patrullas de todo tipo de delitos representan as súas principais liñas de actuación

 

A Policía Local de Mos está a realizar diversas accións en beneficio da seguridade vial e pública no municipio. Ven de rematar unha campaña de control do uso dos cinturóns e sistemas de retencións en automóviles e actualmente ten posta en marcha unha campaña de control de velocidade mediante radar en diversos viais municipais.

 

A campaña de control do uso de cinturóns de seguridade, e sistemas de retención para nenos, a bordo de vehículos levouse a cabo dos días 11 ó 17 de marzo en colaboración entre a Policía Local de Mos e a DXT, Dirección Xeral de Tráfico.

 

Por outra banda, a campaña de control de velocidade de conducción mediante radar en vías de titularidade municipal continúa activa e en vigor actualmente, e con ela preténdese evitar excesos de velocidade e outras prácticas indebidas por parte dos conductores que van ó voante, previndo así que por eses motivos se poidan producir accidentes de tráfico nos que haxa que lamentar víctimas tanto de feridos coma falecidos.

 

Continuando con outra das accións realizadas recentemente pola Policía Local mosense, sen ir máis lonxe localizou onte en San Eleuterio, parroquia de Tameiga, un vehículo que fora roubado e procedeu á devolución ó seu propietario.

 

Axentes da Policía Local mosense levaban vendo un vehículo sospeitoso, por non ser habitual na zona, estacionado sempre no mesmo lugar dende a semana pasada. Tratábase dunha furgoneta Volkswagen Multiván antiga con matriculación do ano 2005, que chamou a atención da Policía por ter aberta unha das súas portas.

 

Gracias á colaboración e ás informacións aportadas polos veciños do lugar, os axentes de Mos descubriron que o vehículo levaba alí varios días estacionado sen ter un propietario coñecido. Foi entón cando mediante a matrícula do automóvil identificaron ó dono do mesmo e conseguiron localizalo gracias á axuda da Garda Civil que averiguou o seu número de teléfono e llo facilitou á Policía Local.

 

A Garda Civil foi tamén quen informou á policía de Mos de que o propietario da furgoneta, un veciño da localidade de Vigo, interpuxera unha denuncia por substracción da mesma o pasado día 9 de marzo na comisaría da Policía Nacional das Travesas, en Vigo.

 

O operativo de localización e devolución deste vehículo por parte da Policía Local mosense foi executado con gran rapidez, pois a mediodía incautábase o automóvil, para serlle devolto ó seu dono a primeira hora da tarde; quen o recolleu e asinou a acta de recepción nas dependencias da Policía Local de Mos.

 

 

Colaboración Cidadá

 

Precisamente para fomentar a colaboración cidadá cos corpos e forzas de seguridade celebrouse fai un mes unha reunión no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) mosense entre membros da Xunta Local de Seguridade e un representante de cada unha das Asociacións Veciñais mosenses, para que os representantes veciñais trasladaran de primeira man á Xunta Local cal é a problemática en materia de seguridade dos habitantes de cada unha das zonas da localidade; así coma cales son as inquedanzas a nivel asociativo tamén respecto da seguridade nos barrios ou parroquias ós que representan. A xuntanza supuxo un acto de vital importancia para a seguridade cidadá nas parroquias en particular e en todo o Concello de Mos en xeral, xa que se trata dun municipio que conta cun total de 10 parroquias e 83 barrios en total.

 

Naquela reunión trasladóuselles ós representantes veciñais presentes a importancia que teñen os cidadáns na seguridade posto que son os que mellor coñecen a zona na que viven e os que, estando en relación directa cos axentes de seguridade, aportan unha información valiosísima por ser de primeira man. Por iso se lles pediu ós representantes veciñais durante a reunión, que ante calquera problema que observen non dubiden en poñerse en contacto cos corpos e forzas de seguridade para facerllo saber e trasladarlles calquera inquietude ou dúbida respecto da seguridade na súa zona que lles poida surxir no día a día. E é que o principal en materia de seguridade é a prevención, por iso para poder levar a cabo o labor de investigación os corpos e forzas de seguridade precisan que os veciños dos diferentes lugares, sempre que teñan coñecemento dun posible feito delictivo, llo trasladen para poder iniciar a investigación pertinente. Mos rexistrou, en 2012, un descenso do 0,58% no número de delitos con respecto ó año 2011. Asimesmo, descendeu un 8,52% o número de faltas, co que a suma de delitos e faltas reduciuse, en 2012, un 3,72% con respecto ó 2011.