A Policía Local realiza dúas actuacións por delitos contra a seguridade viaria

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Ambos conductores serán citados para xuízo rápido

 

A Policía Local de Mos informa de sendas actuacións efectuadas os pasados 27 e 29 de decembro. Ambas saldáronse coa citación dos dous conductores para xuízo rápido por delito contra a seguridade viaria.

 

A primeira produciuse o venres 27 de decembro ás 09.00 horas da mañá. Momento en que axentes da quenda matinal da Policía Local de Mos, en colaboración coa Garda Civil do posto de Mos, procederon á detención dun vehículo que realizaba unha conducción irregular. Tras someter ao conductor do mesmo ao test de alcoholemia, no que deu resultado negativo, decidiu realizárselle a proba de drogas, que se negou a facer. Polo que os axentes instruíron un atestado por negativa a someterse ao test de detección de consumo de drogas.

 

Por outra banda onte domingo, día 29 de decembro, os axentes da quenda de tarde da Policía Local de Mos, detiveron ás 20.00 horas a un conductor que carecía de permiso de conducir en vigor e, así mesmo, tampouco contaba con seguro do vehículo nin ITV do mesmo. Motivo polo cal será, como se dixo, citado para xuízo rápido.