A programación de Nadal do Concello de Mos leva ao Pazo o espectáculo infantil Canta Connosco

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Será mañá ás 18.00 horas e contará tamén coa presencia dun Carteiro Real

Dende as concellerías de Participación Cidadá e Cultura que dirixen as edís Kely Monzón e Sara Cebreiro, respectivamente, lémbrase que dentro da programación de Nadal o Pazo de Mos acollerá mañá mércores, día 4 de xaneiro, a partir das 18.00 horas da tarde, o espectáculo infantil Canta Connosco de Migallas Teatro e Kalandraka.

O acto contará tamén coa presencia do Carteiro Real para que tódolos nenos e nenas que o desexen poidan facerlle entrega das súas cartas para os Reis Magos.