A Rosa 2013 xa loce o seu cartel oficial

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

A alcaldesa e os edís de Cultura, Participación Cidadá e Deportes mosenses presentárono esta mañá na praza do Concello

 

Tras o anuncio a semana pasada por parte do Concello de Mos de que os actos do Día da Rosa (xoves 13 de xuño) se centralizarían este ano en torno a unha homenaxe ó gremio dos panadeiros de Mos, hoxe presentáronse o cartel oficial da Festa da Rosa 2013 así coma a programación organizada para todo o vindeiro mes de xuño, dende o día 1 ata o 30 de xuño, con motivo da principal festividade do municipio mosense.

 

Os representantes municipais responsables da organización do programa de festas, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, a edil de Participación Cidadá, Kely Monzón e o de Deportes, Isidoro Táboas; presentaron esta mañá na Praza do Concello o cartel oficial da presente edición das Festas da Rosa, que nesta ocasión foi deseñado polas alumnas traballadoras da especialidade de deseño gráfico e promoción turística local do Obradoiro de Emprego Alfacuca III.

 

A programación da Festa da Rosa 2013 comenzará esta vez cun evento deportivo que se celebrará o sábado 1 de xuño no Pavillón Óscar Pereiro. Trátase do Campionato Galego de Patinaxe de Niveis organizado en colaboración co Clube Patinaxe Rosareira de Mos. A continuación, do día 3 o 9 de xuño, estará aberta ó público no Multiusos das Pozas a mostra de animais anfibios e reptís exóticos Expoanimalia. O horario de visita será de 10.00 horas a 13.30 horas e de 17.00 horas a 21.00 horas. O prezo da entrada a esta exposición será de un euro para nenos e nenas de 3 a 14 anos, de dous euros a partir de 14 anos de idade e de balde para os menores de 3 anos. Nesta mostra os amantes da natureza poderán contemplar unha das coleccións máis grandes e singulares destes animais, de entre as existentes no noso país, que lle dará o toque exótico e innovador á presente edición das festas grandes de Mos.

 

Ademais contarase coas coas actuacións de dous grandes do humor e a interpretación, Rober Bodegas e Pablo Paz, respectivamente. Ambos actuarán no Multiusos. Rober Bodegas farao o venres 14 de xuño ás 21.00 horas cun prezo de entrada de 5 euros, mentres que o actor mosense Pablo Paz, que exercerá de pregoeiro das Festas da Rosa 2013 (o xoves 13 de xuño na Praza do Concello ás 12.00 horas), representará o seu espectáculo ‘Águilas en el Jardín’ ese mesmo Día da Rosa tamén ás 21.00 horas e con entrada de balde.

 

Tamén se organizaron iniciativas para os afecionados e amantes da música como o Concerto Benéfico de Corais e Banda de Música de Torroso a favor das Escravas da Virxe Dolorosa o domingo 16 de xuño ás 18.00 horas no Multiusos, o Concerto Rosalía Pequeniña a cargo de Uxía Senlle e Sergio Tanus para público infantil o xoves 13 de xuño ás 18.00 horas no Multiusos, e o concerto de Roi Casal o sábado 15 de xuño a partir das 22.00 horas na Praza do Pazo dos Marqueses de Mos; e para os seguidores dos deportes e deportistas, coma o Campionato de Fútbol Festa da Rosa Memorial Juan Estévez, ‘Nené’, os días 15 e 16 de xuño no Campo de Fútbol das Baloutas, a iniciativa Únete á Volta o domingo 23 de xuño a partir das 10.00 horas con saída dende Sanguiñeda, a Marcha BTT Club Ciclista Corredoira o domingo 9 de xuño ás 09.30 horas con saída dende o Pavillón Óscar Pereiro e inscrición previa na Piscina Municipal con custe de 5 euros por participante, e a exhibición da Campiona de España de Baile e tamén mosense, Patricia Martínez, que asombrará coa súa destreza na danza deportiva o venres 21 de xuño ás 20.30 horas no Multiusos.

 

Se manterán ademais as xa tracionais actividades da Festa da Rosa como son a Xuntanza de Palilleiras en Costoias que este ano cumpre a súa VI Edición e se celebrará o sábado 8 de xuño a partir das 17.00 horas e coa participación da Mostra do Encaixe de Camariñas, ou a Concentración de Coches Clásicos que este ano contará ademais de coa ruta turística cunha visita ó Car Classic Museum de Mos (saída ás 10.30 horas dende Costoias-Tameiga).

 

Por último o sábado 22 de xuño ás 18.00 horas en Nosa Terra de Pereiras actuará a compañía Troula Animación co espectáculo Lila e Fifo, e o domingo 30 de xuño ás 18.00 horas no Multiusos As Maimiñas representarán a obra A Primavera dentro do programa Ocio en Familia.

 

Pregoeiro e concurso de rosas

 

Á hora de elixir pregoeiro para a Festa da Rosa, nesta ocasión pensouse nunha persoa xoven nacida en Mos que está loitando por cumplir o seu sono, que é facer da interpretación a súa profesión. Trátase do actor mosense de 36 años de idade, Pablo Paz, que representa todo un orgullo para este Concello ó ser un veciño cunha prometedora carreira artística. Pablo Paz ten feito cine, televisión e teatro.

 

Ademais do pregón, outro dos puntos fortes do Día da Rosa, 13 de xuño, é o concurso de rosas que representa a esencia desta celebración. É por elo que dende o equipo de goberno local espérase acadar este ano unha participación masiva no mesmo. De xeito que os representantes municipais aproveitaron esta mañá a presentación do cartel oficial da festa para animar a tódolos veciños e veciñas a que participen neste concurso, que non pretende máis que reforzar a identidade cultural mosense por medio do seu símbolo por excelencia, a rosa, flor que preside o escudo e a bandeira do Concello de Mos.