A Secretaría Xeral de Cultura apoia a Mos na súa programación anual

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

O Secretario Xeral, Anxo Lorenzo, reúnese no Concello coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e coa concelleira de Cultura, Sara Cebreiro

Como cada ano a alcaldesa de Mos Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Cultura, Sara Cebreiro, reuníronse co Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, para darlle conta da programación cultural municipal anual. Nesta ocasión a xuntanza tivo lugar na Alcaldía do Concello de Mos.
Arévalo e Cebreiro espuxéronlle a Lorenzo os cinco grandes pilares da programación cultural mosense do presente ano 2018 que son a programación xenérica anual, o programa ‘Vive o Camiño en Mos’, o Centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, a Festa da Rosa e a cuarta edición do Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’.
As representantes municipais solicitáronlle ao Secretario Xeral colaboración autonómica para estas iniciativas, logrando o compromiso pola súa parte de asumir o concerto cabeza de cartel para O Son do Pazo e outra gran actuación para as Festas da Rosa 2018.
A primeira edición do programa ‘Vive o Camiño en Mos’ levouse a cabo o pasado 2017 e na súa presentación celebrada o 20 de abril do ano pasado o Secretario Xeral destacou como “unha idea moi interesante” a de integrar a programación cultural do municipio nas ubicacións locais polas que transcorre o Camiño de Santiago e aglutinar a cultura que se fai en clave local con propostas que se adapten aos intereses dos peregrinos que pasan polo Concello de xeito que saian beneficiados tanto os propios veciños de Mos coma os visitantes.
Lorenzo declaraba entón que a cultura debe vertebrar a actividade pública das institucións e destacaba tamén a importancia da repercusión económica nos municipios do Camiño de Santiago. Unha versión integrada e inclusiva de cultura e Camiño é o programa ‘Vive o Camiño en Mos’, polo que Anxo Lorenzo felicitou ás representantes municipais Arévalo e Cebreiro. Deste xeito o Concello de Mos pretende ser unha alternativa de turismo cultural para peregrinos e outros visitantes.
Por outra banda o Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ é un festival de música folk que se ven realizando en Mos dende fai catro anos no entorno do Pazo de Mos a principios do mes de setembro. A deste ano vai a ser a cuarta edición, e preténdese que este Festival se convirta nun referente da música galega, tanto neste Concello como na zona sur de Galicia e norte de Portugal.
Este evento esta organizado polo Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, (con sede no Pazo de Mos), contando coa colaboración da Xunta de Galicia, o Concello de Mos e a Fundación Pazo de Mos. A idea principal da organización do festival segue a ser a de consolidar o evento como un referente da música folk, pasando a formar parte dunha das citas mais importantes no panorama.
Respecto do Centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, a Asociación cumpre no presente ano 2018 un século de vida e para elo a administración local mosense organiza unha visita á capital arxentina, entre outros actos conmemorativos dunha data tan sinalada. Na viaxe haberá unha importante representación municipal e levarase a un grupo de artistas mosenses en representación da cultura local para que actúen nos actos de celebración do centenario da creación da Asociación. Tamén se elaborou un vídeo conmemorativo con mensaxes de personalidades relevantes do municipio para que poida ser emitido durante os actos de celebración en Bos Aires e outras actividades de conmemoración que se irán anunciando e que se desenvolverán ao longo do 2018 en Mos.

A Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires recibiu en 2010 a Medalla ó Mérito Cultural do Concello de Mos por lograr manter viva na emigración, mediante os seus grupos de baile e gaitas entre outras iniciativas, a cultura galega e mosense en particular a pesar da distancia de máis de 12.000 kilómetros que separa ós seus membros do seu municipio de orixe. Os integrantes da Asociación viaxaron ese ano a Mos durante as Festas da Rosa para recoller en persoa tan emblemático galardón.