A técnico de consumo que atenderá ós afectados polas preferentes foilles presentada hoxe ós representantes municipais e da Plataforma en Mos

Escrito por admin. Posteado en Actualidad

A técnico de consumo que atenderá ós afectados polas preferentes foilles presentada hoxe ós representantes municipais e da Plataforma en Mos. Permanecerá na oficina do CDL tódolos xoves, dende o 16 de agosto, en horario de 09.00 a 14.00 horas.

A coordinadora da Oficina Provincial de Comercio REDIC, Alma Pérez, visitou hoxe o Centro de Desenvolvemento Local, CDL, de Mos, para presentarlles á alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, ó tenente alcalde e concelleiro de Economía e Facenda, Óscar Soto, e a representantes de Mos da Plataforma de Afectados polas Preferentes, á técnico de consumo, Carmen de Peña, que prestará asesoramento sobre este tema a partir do vindeiro xoves.

Os representantes municipais aproveitaron tamén para amosarlle á tecnico ás instalacións das que disporá, consistentes nun despacho individual no piso superior do CDL dotado de teléfono, ordenador e conexión a Internet, no que poder garantirlles a intimidade e a discreción a tódolos afectados que desexen ser asesorados.

Esta técnico que iniciará o seu labor en Mos o vindeiro xoves, día 16 de agosto, atenderá ó público no CDL cada xoves periódicamente en horario de 09.00 horas a 14.00 horas da mañá.

No encontro desta mañá solicitóuselles tamén colaboración neste sentido ás dúas representantes mosenses dos afectados polas preferentes, para que dende a asociación se lles informe ós afectados que non son membros da mesma de que a partir do xoves terán á súa dispoñibilidade este servizo de consulta e asesoramento no CDL. Asimesmo insistíuselles tamén en que se lles traslade ós afectados que estean interesados en ser atendidos pola técnico de consumo, que cando se dirixan ó CDL leven xa consigo toda a documentación da que dispoñan sobre o seu producto adquirido de participacións preferentes, así coma doutros trámites iniciados a este respecto con posterioridade a dita compra; co obxectivo de non perder tempo e que os usuarios non teñan que voltar á oficina nunha segunda ocasión cos documentos que lles faltaban.

Os interesados en obter máis información sobre esta oficina poden chamar por teléfono ó CDL ó número 986 487 786 e lles facilitarán tódolos datos que precisen. A finalidade da instalacón desta nova oficina no CDL é a de brindar ós afectados pola compra de participacións preferentes asesoramento e plantexamento de posibilidades de solución ó problema, para que despois, cada usuario ou afectado, se atope na disposición de elixir a medida que máis lle interese ou lle conveña.

Segundo explicaban esta mañá os representantes municipais, nesta oficina de vindeira apertura no CDL os afectados polas preferentes poderán obter información de tódalas vías que teñen á súa disposición para intentar solucionar a problemática existente, así como realizar, se así o desexan, unha solicitude para levar a cabo o proceso de arbitraxe.

As arbitraxes son un procedemento áxil e gratuíto posto en marcha polo Instituto Galego de Consumo para tentar resolver o problema dos afectados polas participacións preferentes. A diferencia da arbitraxe con respecto á actuación pola vía xudicial e que a primeira non ten custes para o interesado e resulta más rápida.

O obxectivo da arbitraxe é intentar que os afectados pola adquisición de preferentes con información deficiente ou debido a unha mala comercialización recuperen os seus aforros nuns meses sen ter que ir a xuízo nin iniciar preitos.

Neste sentido, o Instituto Galego de Consumo xa recibiu os primeiros expedientes de Novagalicia Banco e comenzou xa a enviar ós afectados as notificacións nas que a entidade leva a cabo a proposta da arbitraxe para a abrobación do afectado e a Xunta Arbitral de Consumo cítao para a celebración da vista.

Nas vistas do procedemento da arbitraxe as partes implicadas poden acudir sen a necesidade da compaña dun avogado. Poucos días despois da celebración da vista, o árbitro ditará un laudo que ten a mesma validez que unha sentenza judicial e, posteriormente, notificarase ós implicados dito laudo que é de obrigado cumprimento. A entidade financieira, no caso de laudo favorable ó afectado, terá que cumprilo e posibilitar o reintegro dos cartos de maneira case inmediata.

A técnico de consumo que atenderá ós afectados polas preferentes foilles presentada hoxe ós representantes municipais e da Plataforma en Mos

Escrito por admin. Posteado en Actualidade