A Unión Deportiva Mos rendeulle a Alejandro Gómez unha sentida homenaxe

Escrito por Concello de Mos. Posteado en Actualidade

Onte pola mañá a Unión Deportiva Mos rendeulle a Alejandro Gómez unha sentida homenaxe previa ao primeiro partido que a UD Mos Femenino xogou desde o seu falecemento. A muller de Alejandro, Paula Hernández, recibiu de mans de Jimena, capitana do UD Mos Femenino B, un ramo de flores, da alcadesa de Mos, Nidia Arévalo, un cadro conmemorativo con fotos de Alejandro dos seus anos como adestrador de diferentes categorías da Unión Deportiva Mos e do Presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, unha camiseta da Selección Galega de Fútbol co nome de Alejandro Gómez. De seguido, e previo ao inicio do encontro entre a UD Mos Femenino e o Sárdoma, mantívose un minuto de silencio na súa honra.
Desde o Concello de Mos queremos felicitar á UD Mos e ao seu presidente, Pablo Alonso Serodio, por esta fermosa iniciativa. Trasladarlle todo o noso apoio e cariño a Paula, muller de Alejandro, así como o agradecemento por terse achegado hoxe ata Mos. E, unha vez máis, a enorme gratitude a Alejandro Gómez polo seu inmenso labor a prol do deporte en xeral e do deporte mosense en particular, pola súa entrega coa Unión Deportiva Mos e cos moitos xogadores de diferentes categorías deste clube que tiveron a honra de telo ao seu carón. Grazas Alejandro, sempre estarás no corazón de Mos.